Carolina Bescansa reivindica Más País como "a voz do sentido común"

A candidata pola provincia da Coruña cre que o seu partido é "a única garantía de desbloquear" a situación política en España.

Por E.P. | A CORUÑA | 04/11/2019 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A candidata de Más País-Equo ao Congreso pola provincia da Coruña, Carolina Bescansa, reivindicou esta candidatura como "a voz do sentido común" e como "a única garantía de desbloquear" a situación política en España.

Carolina Bescansa.
Carolina Bescansa.

Antes de participar nun acto de campaña electoral xunto a Jorge Moruno, deputado de Más Madrid, apelou ao electorado "decepcionado e enfadado" e, en particular, "ás persoas que construímos o proceso de cambio", dixo tras o movemento do 15M.

"Para que neste momento non dean un paso atrás e o 10 de novembro apoien a Más País como única garantía de que imos pór en pé un goberno o máis parecido ao que a xente nos pediu hai xa moito tempo nas rúas", apostilou.

En canto ao debate deste luns, coa presenza dos principais candidatos á Presidencia do Goberno, lamentou que Más País non poida participar. "Se esta noite os actores responsables do bloqueo non explican como van desbloquear as cousas despois do día 10, todo o demais que prometan é papel mollado", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 María Castelo

A paracaidista madrillega só sabe falar en Galiza de EggpanÑa. As súas prioridades son apañar votos dos restos de podemos (e familias...) e pasear pola alameda de Santiago. É máis nacionalista española ca Abascal. A ver se hai sorte e peta cunha boa farola...