VOTA | Quen gobernará Galicia?

GC pregunta aos seus lectores que Goberno pensan que sairá das urnas nas eleccións galegas de 2020.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/11/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A tendencia do voto en Galicia indica que moi probablemente o PP perderá a maioría absoluta no Parlamento galego e que o futuro Goberno depende de posibles pactos entre as forzas de esquerda ou as de dereita.

Parlamento galego
Parlamento galego | Fonte: EP.

A suba de Vox nas últimas eleccións xerais presaxian a posible irrupción da ultradereita na Cámara galega, debido en parte á desfeita en Ciudadanos, que pasou de ser a cuarta forza en Galicia a converterse nun partido residual. Se o PP non acada a maioría absoluta, habería que ver até que punto está disposto a pactar coa extrema dereita, se os números lles dan para sumar maioría e se cumpre a aparición dos ultras no Parlamento. E tamén se Ciudadanos é quen de recuperarse ou non.

Se non é así, case ninguén pon en dúbida que a esquerda pactará se suma máis escanos que a dereita, co PSOE á cabeza, agora en empate técnico co PP. A incógnita é se En Marea —que non se presentou ás eleccións xerais— consegue representación ou non no Congreso e suma aos votos de PSOE, Galicia en Común e BNG.

En base ás novas tendencias de votos en Galicia, GC pregunta aos seus lectores que Goberno pensan que sairá das urnas nas eleccións galegas de 2020.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Anónimo

Para os que len este periódico, o bloque tería maioría absoluta. Pero a realidade é outra. Máis triste.

1 Gamela

O único que parece claro, de momento, é que a deliberada destrucción dunha alternativa de esquerdas en Galicia abriulle a porta a VOX ! O deputado da UPG vaille sair ben caro a Galicia! O cainismo é o que tén !!!

1 Gamela

119.597 persoas votaron BNG / o que non sei é cantas desas persoas estarían dacordo coas teses da UPG (Néstor Rego) ? https://upg.gal/opinion/nestor-rego... 114.834 votaron a VOX A broma non ten gracia algunha ! Se fósemos serios berraríamos UPG Disolución !!!