Finaliza a estracción de carburantes, aceites ou lubricrantes do Blue Start

Houbo unha pequena mancha de fuel.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2019 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

O buque 'Blue Star' quedou na tarde deste luns libre de carburantes, tras ser mesturados fuel e gasóleo, ademais do aceite para lubricar os diferentes motores que ten o barco no seu interior, tanto a maquina que permite o movemento do quimiquero como os encargados de producir subministración eléctrica.

O único incidente produciuse sobre as 11,00 horas, cando se rexistrou a rotura dunha mangueira no tramo que une o tanque de proa coa mangueira de terra e isto produciu unha vertedura sobre a cuberta do barco, duns dez litros de combustible e que chegaron ao mar polos aliviadoiros.

O suceso causou unha mancha duns cinco metros cadrados, que foi rapidamente neutralizada por embarcacións menores que se atopaban e desprazáronse á zona.

Na zona, durante o mediodía permaneceron o remolcador 'Don Inda', de Salvamento Marítimo, organismo ao que tamén pertence a 'Salvamar Betelgeuse', ademais da remolcador 'Ría de Vigo', pertencente á Xunta.

Tamén sobrevoou o lugar o helicóptero 'Pesca 2' da Xunta, para comprobar se a vertedura afectara á costa. Outro remolcador, 'Vinte e oito', continuou cun cabo unido ao 'Blue Star', contratado pola empresa SMIT Salvage, á súa vez encargada polo armador para o rescate do buque.

Trasbase de carburantes e aceites do Blue Star. JULIO IGLESIAS
Trasbase de carburantes e aceites do Blue Star. JULIO IGLESIAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta