O Portal das Palabras anima á cidadanía a participar na elección da 'Palabra do Ano 2019'

Trátase dunha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/12/2019 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

O Portal das Palabras, unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a divulgación do léxico galego, abriu o prazo de presentación de propostas aspirantes a converterse na 'Palabra do Ano 2019'.

Presentación das actualizacións do Portal das Palabras da RAG.
Presentación das actualizacións do Portal das Palabras da RAG.

Segundo informa a institución académica, a elección colectiva do termo que mellor resuma ou identifique a realidade que, dalgunha maneira, marcou os últimos doce meses constará de tres fases.

A primeira será na que calquera persoa poderá enviar as súas suxestións e permanecerá aberta ata o 15 de decembro. Posteriormente, do 16 ao 25 de decembro, someterase a votación telemática os termos máis significativos ou máis repetidos na primeira fase.

Finalmente, o 27 de decembro darase a coñecer a 'Palabra do Ano 2019'. Esta iniciativa é un proxecto da RAG e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a divulgación do galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta