Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2019 | Actualizada ás 19:46
As universidades galegas captaron 342,8 millóns de euros de recursos públicos alleos ao seu plan de financiamento en tres anos, cifra que é superior nun 40% ao previsto, segundo destaca a Consellería de Educación.
É un dos datos que destaca do balance dos fondos procedentes de diferentes administracións que acaba de analizar a Secretaría Xeral de Universidades. Deste xeito, obtiveron 96,8 millóns máis sobre a previsión inicial, que ascendía a 246 millóns, a razón de 82 millóns por ano. Son achegas que "permiten aumentar e diversificar as fontes de financiamento público das universidades", resalta a Xunta.
Figuran axudas ou convenios de distintos departamentos do sector público autonómico e fondos públicos doutras administracións, como convocatorias de bolsas e Erasmus, proxectos de I+D+i, acordos con concellos e deputacións e transferencias da Unión Europea.
A Universidade de Santiago de Compostela foi a que captou a maior parte dos fondos, con máis de 183 millóns no período, seguida da de Vigo, con máis de 87 e a da Coruña, con case 72, de acordo cos números de Educación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.