Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2019 | Actualizada ás 21:00
Case 1.600 nenos de educación infantil de 32 concellos galegos poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel a través de videoconferencias que organizará, entre o 10 e o 20 de decembro, a rede de aulas CeMIT da Xunta. Unha iniciativa que deixa de lado ao apalpador, unha persoaxe mítica da montaña galega no Nadal galego.
En concreto, os nenos de Marín, Celanova, Bande, Campo Lameiro e Xunqueira de Ambía serán os primeiros en realizar esta experiencia, este martes a partir das 10,00 horas. A videoconferencia durará media hora en cada localidade.
Nos seguintes días, e ata o 20 de decembro, as videoconferencias con Laponia sucederanse en Abegondo, Arzúa, Bande, Barreiros, Beariz, Betanzos, Boiro, A Cañiza, Carballedo, Castrelo do Miño, Castro Caldelas, Catoira, Celanova, Cerceda, Fisterra, A Fonsagrada, Leiro, Marín, Muros, Narón, Negreira, Ortigueira, Pontedeume, Quiroga, Ribeira, Riotorto, Santa Comba, Valga, O Vicedo, Vilagarcía, Vimianzo ou Xunqueira de Ambía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.