(Vídeo) Acusan un militante do PP de rebentar a acción feminista de Compostela: "Á vosa casa a facer a cea"

O feminismo respondeu berrando ao unísono: "Coidado, machista, estás na nosa lista!". Varias dirixentes políticas, entre elas, Luca Chao, de Común da Esquerda, denuncian que é militante do PP. O aludido "apagou" a súa conta en Twitter.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2019 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

Aínda queda moito camiño por andar. A praza do Obradoiro - Santiago de Compostela - acolleu na noite deste luns a performance 'Un violador no teu camiño', mais non estivo exenta de altercados. Segundo denuncia Luca Chao (Común da Esquerda) un militante do PP, Daniel Mucientes, rachou o silencio das mulleres no final do canto que leva percorrendo o mundo enteiro  para dicir: "Agora para a vosa casa a facer a cea!". 

Acción feminista 'Un violador no teu camiño' en Santiago de Compostela
Acción feminista 'Un violador no teu camiño' en Santiago de Compostela | Fonte: GC

Este feito xerou tensión na praza e o feminismo respondeu berrando ao unísono: "Coidado, machista, estás na nosa lista!". O home abandonou o Obradoiro seguido por unhas cantas persoas coas que entrou en discusión. Ante esta situación, as 300 mulleres alí congregadas non fixeron máis que coller azos para volver entoar o himno feminista, que resoou durante minutos en toda a praza e que, desta vez si, rematou cun silencio absoluto. 

Este himno leva percorrendo o mundo enteiro dende este último 25N - Día Internacional contra a Violencia de Xénero - en que unhas 10.000 chilenas se botaron á rúa para cantar 'Un violador no teu camiño'. É o colectivo Las Tesis quen está detrás desta canción e desta coreografía, que non tardou en viralizarse e en converterse no berro feminista máis poderoso do momento. Anda dando a volta ao mundo e Galicia non queda fóra do circuíto: A Coruña, Vigo, Padrón, Ferrol, Pontevedra e Compostela veñen de unirse á loita cantada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 anonimo8641

Cuando Pablo Iglesias reventaba conferencias de Rosa Díez en la Universidad Complutense, todo correcto, ¿no?

4 jlm

Mucha subvención en feminismo hay en España 700 muertos al año en accidentes laborales, y nadie habla de ello

3 TXYNO

solo piensa que va por ellos, los hombres que se sienten aludidos, entonces háztelo mirar. Yo soy hombre y no creo que me esten insultando.

2 nommmmme

2019 año feminista 2020 año ecologista 2021 año ¿vegano? 2022 año ¿terraplanista?

1 anonimo8641

Sin embargo me llaman vi0lad0r ("El vi0lad0r eres tú") y todo correcto.

1 Confundeste

Non cho chaman a ti, a menos que o sexas ou vaias de bab oso sobón