A CIG convoca tres novas xornadas de folga en Extel por despedir a xente tras "enfermar"

Denuncia que a empresa está obrigando a coller unha baixa aínda que sexa dun só día e "empregando esta estratexia para xustificar despedimentos en base a un suposto absentismo".

Por E.P. | A CORUÑA | 11/12/2019 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

A sección sindical da CIG convocou tres novas xornadas de protesta na empresa Extel contra os despedimentos por "enfermar", segundo informa.

Nun comunicado, denuncia "un novo recorte de dereitos" por parte da empresa, "limitando o uso das horas médicas, eliminando os partes de repouso e obrigando a coller unha baixa aínda que sexa dun só día e empregando esta estratexia para xustificar despedimentos en base a un suposto absentismo".

Respecto diso, remarca que Extel, do grupo Adecco e que presta servizos para Movistar, "xa despediu ata o momento a catro traballadores e traballadoras acolléndose ao artigo 52d do Estatuto dos Traballadores, é dicir por enfermar", apunta.

Neste contexto, a CIG convocou un novo calendario de folga de 24 horas para o 8 de xaneiro; o 5 de febreiro e o 4 de marzo. Ademais, afirma que a central xa interpuxo conflito colectivo "contra o cambio unilateral de criterio da empresa sobre a validación dos partes médicos e o uso das horas médicas recoñecidas polo convenio".

Reunión entre representantes de A Mesa pola Normalización Lingüística e das seccións sindicais de Extel
Reunión entre representantes de A Mesa pola Normalización Lingüística e das seccións sindicais de Extel | Fonte: A Mesa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta