Por E.P. | A CORUÑA | 13/12/2019 | Actualizada ás 17:10
A formación Alternativa dos Veciños queda sen representación no municipio de Arteixo tras discrepancias co que ata agora era o seu único edil, Antonio Patiño, pola forma de exercer a oposición.
Mentres Alternativa dos Veciños fala de "expulsión", o concelleiro asegura que este xoves presentou a renuncia nun partido no que, segundo informou aos medios de comunicación, concorreu como independente.
Patiño, que avanzou a súa intención de seguir na corporación municipal, neste caso como concelleiro non adscrito, vinculou as "discrepancias" coa súa pretensión de realizar "unha oposición baseada en propostas que favorezan aos veciños e veciñas de Arteixo" e non en buscar "a confrontación persoal e a destrución política do adversario".
Con todo, o presidente de Alternativa dos Veciños e alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, xunto ao secretario xeral, Felipe Louzán, e o coordinador local, Juan Francisco Martínez, denunciaron un "comportamento egoísta e prepotente" por parte do concelleiro.
"Ignorando aos simpatizantes de Arteixo e á dirección do partido e incumprindo o compromiso do programa electoral de realizar unha oposición firme e construtiva". Así, reprocháronlle "despreocupación" polos intereses municipais.
Tamén aseguraron que "non asistiu" a plenos e que "se negou" a reunirse con varias asociacións. Por este motivo, aseguran que se lle requiriu para que entregase a súa acta, ao que aseguran que o edil se negou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.