Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2025 | Actualizada ás 13:35
O comité de empresa de Navantia Ferrol organizará o vindeiro luns, día 14 de abril, un acto conmemorativo en recordo dos traballadores do sector naval que, entre 1936 e 1939 foron asasinados durante a ditadura por "defender os dereitos e liberdades" que hoxe se gozan.
Así o anunciou nunha rolda de prensa ofrecida ás portas do reciento industrial o presidente do comité de empresa, Carlos Díaz (MAS), quen explicou que o acto terá lugar na zona na que estaba situada a entrada á antiga Escola Obreira, no exterior do estaleiro.
A iniciativa, que comezou en 2018 coa proposta de renombrar este espazo como "Praza 14 de Abril", coincide co Día da República e busca "honrar a quen deron a súa vida pola democracia".
O acto, organizado co apoio de asociacións como Ateneo Ferrolán, a Asociación de Veciños de Canido e Memoria Histórica Democrática, contará coa instalación dunha placa conmemorativa. Segundo os organizadores, esta homenaxe non só se limita aos traballadores do sector naval, senón que se estende a toda a cidadanía da comarca que loitou polos dereitos fundamentais.
"É un recoñecemento necesario a quen sacrificaron a súa vida pola democracia. Este acto é só o inicio dun esforzo maior por manter viva a súa memoria", detallou Díaz.
OPOSICIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL
Segundo detallou o presidente do comité de empresa do estaleiro de Ferrol, a proposta de renombrar a praza non é apoiada desde o goberno municipal, que así o trasladou durante a última sesión plenaria, a través dunha moción.
Díaz incidiu que o rexeitamento se debe a un posicionamento "ideolóxico" que evita recoñecer o legado da República e dos traballadores represaliados.
A pesar das discrepancias, os organizadores convidan a toda a cidadanía a participar neste acto aberto, onde teñen previsto colocar unha placa en recordos dos traballadores falecidos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.