Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2019 | Actualizada ás 11:09
Nado en Sandiás no ano 1932, Camilo de Dios vén de falecer aos seus 87 anos de idade. Con só 15 anos integrouse na loita antifranquista e pelexou durante máis de seis décadas ao carón de centos de homes e de mulleres que colleron a xustiza pola man para combater todo un réxime.
Camilo de Dios era o derradeiro guerrilleiro antifranquista que quedaba vivo. Agora deixounos, mais a súa testemuña seguiranos acompañando sempre: coa incertidume sobre o lugar en que podería ficar o corpo do seu irmán abatido no 1950, Camilo de Dios nunca dubidou en arriscar a súa vida pola liberdade. Pasou fame, torturas e frío, foi de cadea en cadea, e 65 anos despois, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica foi quen de exhumar os restos do seu irmán. Unha das súas maiores vitorias.
O enterro de Camilo de Dios terá lugar este xoves ás 16,30 horas no cemiterio da localidade onde naceu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.