Dous feridos tras unha colisión entre un autobús e un vehículo en Cuntis

Foi necesario trasladar os dous ocupantes do turismo ao Hospital Domínguez, aínda que o seu estado non revestía gravidade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2024 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao verse involucradas nunha colisión entre un autobús e un turismo no municipio pontevedrés de Cuntis.

Segundo informou o 112, os únicos feridos foron os ocupantes do coche. Todos os ocupantes do autobús resultaron ilesos.

Pasaban uns minutos das 13.00 horas cando un particular contactou co 112 Galicia informando dunha colisión entre un turismo e un autobús na N-640, á altura do quilómetro 213, ao seu paso pola parroquia de Piñeiro, en Cuntis.

Desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos membros do GES da Estrada, dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Finalmente, foi necesario trasladar ás dúas ocupantes do turismo ao Hospital Domínguez, aínda que o seu estado non revestía gravidade. Pola súa banda, todos os ocupantes do autobús resultaron ilesos.

Garda Civil Tráfico
Garda Civil Tráfico | Fonte: GARDA CIVIL DE TRÁFICO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta