Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2024 | Actualizada ás 20:01
O persoal das fundacións públicas de Investigación Biomédica e de Medicina Xenómica mobilizáronse este mércores ante os seus hospitais de referencia na Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, para reclamar a "inmediata" constitución da mesa de negociación para un convenio único.
Segundo informou a CIG nun comunicado, aínda que a Xunta lles ofreceu unha reunión o 15 de xaneiro, os traballadores mantiveron as mobilizacións xa que consideran que a convocatoria foi "para evitar as súas protestas" durante unhas xornadas organizadas pola FIDIS en Compostela.
Os sindicatos demandan "un convenio único" para o tres Institutos de Investigación Sanitaria, ao que se sumaría o de Medicina Xenómica, posto que está constituído por persoal investigador, máis aló de que conte tamén cunha función asistencial.
"Non teñen convenio, necesitan regularizar as categorías profesionais e teñen que estar todos equiparados ao persoal do Sergas", lembrou a representante da CIG na IDIS, María Cebro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.