A homenaxe dá continuidade á celebrada en Celanova o pasado mes de xullo, coincidindo co 81º aniversario da morte de Yáñez Pereira. Neste senso, está organizada polo Concello de Monforte en colaboración co Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.
Haberá unha ampla programación divulgativa e cultural este sábado 20 de abril. En xornada de mañá na Casa da Memoria de Xullán, en Bóveda; e en xornada de tarde na Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón. Coñecemos ao detalle as actividades.
A autora do traballo Guerrileir@s antifranquistas da provincia da Coruña, que achega un catálogo de combatentes antifranquistas que actuaron na provincia.
  comenta   0
Terá lugar unha ofrenda floral e unha conferencia do historiador Rafael García, na Casa da Cultura dese municipio, ademais da actuación do grupo Raiceira que amenizará o evento.
Con só 15 anos integrouse na loita antifranquista e pelexou durante máis de seis décadas ao carón de centos de homes e de mulleres que colleron a xustiza pola man para combater todo un réxime.
  comenta   0
A Federación de Guerrillas de León-Galicia é unha organización totalmente unitaria, na que está prohibida a propaganda partidista e todos procuran a fin común que é loitar contra o fascismo. Non se permite que o Partido Comunista tome o poder. Esta é a súa historia.
O proxecto Sputnik Labrego escavará en diversos puntos da coñecida como "Cidade da Selva", un conxunto de campamentos da guerrilla antifranquista. O obxectivo: "arroxar luz sobre un período moi conflitivo e traumático da nosa historia recente".
  comenta   0
"A guerrilla organizouse sen a tutela de ningún partido. Había socialistas, comunistas ou anarquistas. A opción política era secundaria, o importante era sobrevivir e facer fronte á ditadura. E tiñamos un contacto permanente coa xente porque a nosa intención era reorganizar a resistencia, erosionar o franquismo. A nosa política era ir de casa en casa, quedarnos un par de días e movernos. Ficar no monte non tiña ningún sentido", lembra nesta entrevista.
A batalla de Repil, entre Pobra do Brollón e Monforte, deixou tres guerrilleiros mortos e un gravemente ferido en 1949. Os investigadores descobren que os antifranquistas recibiron tiros de gracia.
O cemiterio de Oza (A Coruña) acollerá este luns ás 17,00 horas unha homenaxe a Manolito Bello, un guerrilleiro antifranquista que foi condenado a morte hai 70 anos e que se converteu en referencia para a resistencia coruñesa.
  comenta   0
Hai 69 anos tiña lugar nos límites do concello de Monforte de Lemos unha feroz batalla entre guerrilleiros e a Garda Civil que, co tempo, remataría coa estrutura guerrilleira en Lugo.
  comenta   6