(Vídeo) Dous galegos recadan 9.000€ para revitalizar unha aldea de Ourense cun albergue diferente

O proxecto pasa por reformar a vella casa-escola da vila e ofrecer roteiros culturais aos que alí se hospeden.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/01/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Galicia segue sendo escenario de novos proxectos empresariais malia o impacto negativo da pandemia. O último e máis rechamante chega dende a vila ourensá de Casaio. Esta pequena parroquia do Concello de Valdeorras podería contar, en pouco tempo, cunha atracción turística innovadora que, ademais, pretende servir para aproveitar a forza do “ecoturismo” en favor do desenvolvemento rural. 

Vídeo presentación Eco dos Teixos
Vídeo presentación Eco dos Teixos | Fonte: Youtube

O proxecto en cuestión consiste na posta en marcha dun albergue na vella casa-escola da vila, "á que asistiron os nosos avós", explican os organizadores, e que "nos últimos anos quedara abandonada". Pedro Domínguez e Elba Rodríguez, impulsores da iniciativa explican que pretenden "ir abrindo o camiño cara novas posibilidades económicas no territorio, vinculadas co respecto á natureza e o coñecemento e posta en valor do noso patrimonio histórico e cultural".

Así é que as estancias no albergue irían acompañadas con roteiros para coñecer pinturas rupestres --como as descubertas-- en Pala de Cabras, as minas de Wolframio explotadas polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial ou a "Ciudad de la Selva", que definen como "o maior campamento guerrilleiro do Noroeste peninsular durante a guerra e posguerra civil". O obxectivo, pois, iría máis alá dun simple albergue: "a aldea conta con unhas 150 persoas e estáse reducindo a un nivel preocupante", explican. "O noso obxectivo é dinamizar a vida da aldea e impulsar proxectos coa comunidade local para convertilo nun lugar atractivo para rehabitar".

Para sacar adiante o seu proxecto, Pedro e Elba lanzaron unha campaña de crowdfunding, ou financiamento colectivo, que ata o momento xa conseguiu recadar máis de 9.000€ procedentes de múltiples contribuíntes. A axuda, inestimable para saír adiante "nestes tempos complicados", serviría, ao seu ver, para impulsar ese "momento crucial de cambio de conciencia" que, explican, traerá a pandemia. Os impulsores veñen de lanzar un vídeo co que promocionar a súa campaña de recollida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta