O tamén director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) explica ao Galicia Confidencial que "nun mundo incerto como o é o actual, con tantas variables xeopolíticas que percibe a opinión pública con certa inquedanza, nestas eleccións claramente primou a lóxica de apoiar o 'chegar a final de mes' económico", algo que tamén pesou para a poboación inmigrante que foi votar, pois "ao estar legalmente residindo nos Estados Unidos, a política migratoria de Trump non lles afecta".
  comenta   2
Jorge De Torres Rodríguez, arqueólogo do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, forma parte do equipo que demostra que o Corno de África foi un lugar moi próspero noutra época e que os estados fallidos da actualidade débense "ás divisións artificiais que os imperios coloniais fixeron na zona en séculos pasados, separando poboacións nómades ata en 5 países diferentes".
  comenta   0
Salvador Monteagudo é un galego que leva media vida vivindo nunha vila de Manhattan próxima á cidade de Nova York e que nos dá a súa visión sobre o que impulsou a Trump a unha vitoria tan abafante, e contra todo prognóstico, fronte a Kamala Harris.
  comenta   8
A súa obra, "Tierra Arrasada", é un ensaio sobre a "necesaria resposta ao porqué da guerra e da violencia".
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, advertiu de que "nada do que pase noutro lugar vainos deixar de afectar. Considerar que somos invulnerables é un erro".
  comenta   0
... Debemos usalas con habilidade e fanatismo. Coas perniciosas facemos dano, calumniamos aos inimigos. Coas oficiosas obtemos o noso beneficio xa económico xa político. Coas xocosas provocamos a risa e coas piadosas evitamos o sufrimento dos nosos servos. Todas as mentiras, xa perniciosas, oficiosas, xocosas e piadosas deben usarse en conxunto, creando así mentiras ou falacias mixtas. A técnica da mentira é o método máis barato e fácil para ocultar a realidade.
  comenta   0
Xestouse no ano 2012 cunha reunión de amigos fronte a un prato de polbo nunha pequena casa do concello de Vedra. Soñaban con fabricar unha xenebra de calidade 100 % galega. O seu éxito foi tal que dunha produción de 5.000 botellas no ano 2013 pasouse, once anos máis tarde, a unha de 1,6 millóns de botellas.
  comenta   1
Vigo acolleu o xoves 20 de xuño o coloquio "Gaza e a humanidade perdida” no Auditorio do Museo Marco. Tratouse a situación actual na Faixa de Gaza, os movementos de desprazados, a actuación do exército de Israel e como as ONGs e organismos internacionais operan nestes momentos dentro desa área. Unha das persoas que intervirán será Raquel Martí, Directora Executiva de UNRWA España, quen describiu como está actuando esta axencia internacional no lugar e coas limitacións que supón facelo dentro dun conflito armado.
  comenta   0
Cristian Mosquera Barjacoba ten 75 anos e, aínda traballando e con boa saúde, ten un gran soño: conseguir atopar e conectar cos seus parentes en Galicia, dos que non ten pistas, e aos que busca tratando de tirar de apelido: Mosquera.
  comenta   0
Galiza sen gas denuncia que este gas axuda a rearmar a Rusia e tamén danar o medio ambiente en Estados Unidos, onde se estrae coa nociva técnica do "fracking". Reganosa di que "nin compra nin vende gas, senón que facilita a súa entrada en Galicia a través de Mugardos".
  comenta   0
Os responsables do Igadi, e algúns dos expertos participantes no documento, presentaron este luns o informe anual do 'think tank' galego, que analiza unha realidade internacional marcada polos procesos electorais e o incremento de conflitos e guerras.
  comenta   0
Ao seu xuízo, os 'populares' non entenden que a sociedade española "censura" que se utilice politicamente o terrorismo " e máis contra o PSOE" porque os cidadáns saben o que foi a loita contra a banda, cuxo fin chegou mentres gobernaba o PSOE, segundo remarcou.
  comenta   0
Cada vez que visito Gaza, son testemuña de como a xente se afundiu aínda máis na desesperación, e a súa loita pola supervivencia consómelles cada hora.
  comenta   0
Sigo narrándoche, estimado amigo Terámenes, as fazañas dos nosos amigos oligarcas da Republica. A súa aparente tranquilidade esconde pánico aos xentíos.
  comenta   0
A Fundación Araguaney-Puente de Culturas e o Comité Español da Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina en Oriente Próximo (UNRWA) reuníronse este luns en Santiago de Compostela para analizar a situación actual do conflito xeopolítico e a emerxencia sanitaria en Gaza, un adianto da charla 'Palestina: dereitos en rocha, humanidade en acción', que se celebrará este luns ás 19.30 horas no Teatro Principal, con entrada gratuíta previa retirada de invitación.
  comenta   0
Si, xa sei que hai moitas frontes abertas, moita crispación, unha violencia estrutural en innumerables situacións enquistadas no mundo que resulta insoportable e... moitas máis lerias. Pero o noso primeiro deber para poder ter éxito ao afrontar todo iso e moito máis é o de manter unha certa serenidade e mesmo ser conscientes do regalo que é a vida...
  comenta   0
Un total de trece cidades españolas correrán en febreiro na carreira solidaria organizada pola ONG Entreculturas e Alboan pola educación de nenos e nenas en situación de refuxio ou desprazamento forzoso en países como Ucraína, República Centroafricana ou Colombia.
O presidente do Parlamento de Galicia exerce como delegado rexio na Ofrenda da Cerimonia de Translación e leva ante o Apóstolo a defensa da Constitución, o diálogo e o principio de igualdade.
  comenta   0
Acéptanse suxestións, pero entre as favoritas xa soan 'Palestina' e 'solidariedade'.
  comenta   0
Vou poñer en contexto o que esta a pasar en As Pontes, a miña vila, para tratar de atopar unha explicación a toda esta fenomenoloxía agachada tras do eufemismo da "transición xusta" que non é mais que un engano do capitalismo, que necesita dunha mutación da industrialización nos países máis desenrolados para seguir perpetuando a súa dominación sistémica.
  comenta   0
Concorreu como cabeza de lista do Bloque nas eleccións de 2016 e 2020. Aposta por apartarse das "batallitas madrileñas" de PPdeG e PSdeG.
  comenta   0
Paula Briones, vogal do Colexio de Farmacéuticos da Coruña, afirma que outros países "pagan máis polas súas medicacións", o cal lles salva destas crises que si azoutan a España, onde os prezos "son irrisorios e seguen baixando". "Haberá que porse á cola para comprar", ironiza.
  comenta   0
En realidade chamábase María Soliño e tras quedar viúva pola morte do seu marido a mans dos corsarios beberiscos que invadiron Cangas no século XVII, era unha muller adiñeirada desprotexida ante os desexos de poder e riquezas do clero.
  comenta   0
Francisco Leira é o coordinador do libro 'El Pacifismo en España' onde se recollen textos de diferentes autores e autoras reflexionando sobre o movemento pacifista en todo o Estado. É un libro interdisciplinar que recolle posturas sobre o pacifismo desde perspectivas como a política ou a sociolóxica. Por outra parte, indicar que os dereitos de autor irán para unha ONG a favor do pacifismo.
  comenta   0
María José e Carmen, dúas mulleres participantes neste programa de Afundación, falan tanto do pasado como do presente
  comenta   0
.. Somos o azar do oportuno, a paz que termina coas guerras alleas, dous xeonllos rabuñados que resisten con valentía. Mirádenos. Decidimos cambiar a dirección do puño porque nós non nos defendemos: nós loitamos... Elvira Sastre
  comenta   0
Os acontecementos sobor da guerra derivada da invación de Ucrania tráenme á memoria os tempos da escola. E lémbranme cando se falaba de que tal rei ou xefe de estado fora moi bo, pois conquistara tal ou cual pais e fixera máis grande ó seu imperio. Dos demais, daqueles outros que non fixeran guerras e non conquistaran ren, non se falaba. Non tiñan categoría, pois non anexionaran ningún pais ou nación, polo que sempre eran esquecidos.
  comenta   0
A política máis que unha ciencia hoxe están a convertela nunha ficción e no peor dos casos, nunha fuxida continua da lóxica e do sentido común. Este non é meu tempo e non estou a falar do reloxo. Tratar de enganarn@s unha vez mais coa afirmación que este outono e inverno, imos sufrir, non é ningunha sorpresiña é unha maldade. As medias verdades son falsidades. Vou o grao. A maioría da representación política non se vai atopar nesa situación.
  comenta   0
Santiago desautorizou o acordo conseguido por Villarino, que nas últimas primarias apoiara a Gonzalo Caballero. Agora, o presidente provincial censura a mala imaxe ofrecida polos socialistas coas súas contradiccións.
  comenta   0
É unha iniciativa sen subvención de ningún tipo realizada pola web historiadegalicia.gal e o proxecto rustasdehistoria.gal na que colaboran varios xornais e radios locais de Galicia e destacados historiadores, arqueólogos e divulgadores do país.
  comenta   0
Rebota máis dun 5% en Bolsa tras presentar os seus resultados, os primeiros de Marta Ortega. Gaña 760 millóns, un 80% máis, e provisiona 216 millóns por Rusia e Ucraína.
  comenta   0
O campo de interpretación 'Fame e Refuxio' mostrará do día 9 ao 11 de xuño distintos escenarios causantes deste drama mundial.
  comenta   0
Coa guerra que se ven desenvolvendo en territorio ucraíno dende hai mais de dous meses, sucede algo semellante ao que se rexistrou coa pandemia da COVID: practicamente ninguén foi capaz de prever a existencia dunha traxedia destas dimensións neste momento histórico preciso.
  comenta   0