Por E.P. | A Coruña | 02/05/2022 | Actualizada ás 16:27
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou os 32 refuxiados ucraínos situados desde hai 15 días na residencia estudantil do IES Rosalía Mera da cidade herculina.
As instalacións, acondicionadas recentemente, dispoñen de 22 habitacións dobres que poden dar acollida a 44 persoas refuxiadas da guerra, aínda que "por agora" viven 32 persoas de 13 unidades familiares e de "perfís moi variados", segundo explicou o presidente provincial.
Os refuxiados contan cun "equipo de soporte importante" formado por traballadoras e integradores sociais, cunha coordinadora disposta por Cruz Vermella. Actualmente, atópanse nunha fase de "recepción e acollida, de asentamento familiar, coñecemento do idioma e da contorna na que se van a desenvolver", explicou Formoso. Posteriormente, virá unha etapa de integración social e incorporación laboral.
"Está a facerse un esforzo de solidariedade importante, pero é un drama ver a familias completas totalmente desubicadas e desmoralizadas ante a situación dunha guerra", concluíu o presidente provincial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.