O arqueólogo galego Alfredo González-Ruibal, Premio Nacional de Ensaio

A súa obra, "Tierra Arrasada", é un ensaio sobre a "necesaria resposta ao porqué da guerra e da violencia".

Por Galicia Confidencial | MADRID | 15/10/2024 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

O arqueólogo galego Alfredo González-Ruibal foi galardoado este martes co Premio Nacional de Ensaio 2024 pola súa obra "Tierra arrasada: un viaje por la violencia del Paleolítico al siglo XXI, un galardón que concede o Ministerio de Cultura, dotado con 30.000 euros.

O arqueólogo Alfredo González-Ruibal
O arqueólogo Alfredo González-Ruibal | Fonte: EP

O xurado destacou a obra por "a apaixonante e nova forma de presentar os conflitos armados desde a experiencia e o punto de vista da arqueoloxía de campo", ademais incidiu na precisión do narrado, onde "subxace a experiencia directa do autor en diferentes xacementos", unha maneira que permite fuxir do relato frío e convencional das guerras "elevando a categoría da arqueoloxía de ciencia a ética". Ademais, o xurado sinalou que o libro "unha necesaria resposta ao porqué da guerra e da violencia (...), unha obra que é imposible ler con indiferenza". 

Alfredo González Ruibal, (Madrid, 1976), é doutor en Arqueoloxía Prehistórica pola Universidade Complutense de Madrid e científico titular no Instituto de Ciencias de Patrimonio (Incipit) do CSIC. Entre 2009 e 2012 dirixiu un proxecto sobre arqueoloxía da guerra civil española e o franquismo. Ademais, estudou o período fascista en Etiopía e o colonialismo en Guinea Ecuatorial a través dos seus restos materiais.

Publicou nalgunhas das máis importantes revistas internacionais de arqueoloxía como son Current Anthropology, World Archaeology, ou Antiquity. Tamén é o editor do primeiro volume sobre arqueoloxía da guerra civil española na revista Complutum.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta