A Xunta evita confirmar que será unha illa da "memoria democrática" e confirma que continuarán as actividades culturais e de lecer nun enclave que "pasou por moitos momentos" na súa historia.
  comenta   0
O PP asegura que non se pode recoñecer como presidente porque "nunca foi elixido", mentres que PSdeG e o deputado de D.O. abstéñense.
  comenta   0
"Ante os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non hai nada que facer", di Antonio Caeiro do deputado popular que nega asasinatos no campo de concentración. "Sete personas tamén foron asasiñadas por fusilamento, contra o muro do cimeterio da illa de San Antonio. Todo elo documentado", asegura neste artigo.
O alcalde de Nigrán, Juan González (PSdeG), pediu a Rueda que tome cartas no asunto, porque "non se pode permitir este negacionismo e menos dun deputado". A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas (PSdeG), pretende declarado "persoa 'non grata'" na vila.
Esixe á Xunta que "colabore" en recoñecer Meirás e a Illa de San Simón como lugares de memoria democrática. O movemento memorialista galego reivindica a intención do Goberno central de incluír ambos os enclaves na listaxe.
  comenta   0
O obxectivo "é que se denuncien os feitos tan graves ocorridos durante a Guerra Civil e a ditadura e que se recoñeza a esas persoas na súa decisiva loita pola liberdade e a democracia en Ourense, Galicia e España".
  comenta   0
O caos é unha orde aínda por descifrar" Saramago
  comenta   0
Noutras autonomías se están levando a cabo políticas proactivas da memoria, recuperando espazos, con vontade educativa, con excursións, para que visiten as crianzas... Tamén hai contidos renovados na rede, con itinerarios da memoria histórica.
  comenta   10
Tamén foron homenaxeados os galegos Xosé Fortes, militar e Francisco Javier Elola e Díaz Varela, maxistrado do Tribunal Supremo e deputado por Lugo nas eleccións ás Cortes Constituíntes durante a II República
  comenta   0
O Centro Galego organiza un acto polo 80 aniversario da constitución do Consello de Galiza, o primeiro goberno galego no exilio. Foi un acto sen apoio da Xunta nin de ningún dos principais partidos galegos.
  comenta   0
Segundo detallou a USC nun comunicado, polo momento, non pode extraer conclusións definitivas, pero os colectivos da Memoria do Morrazo achegan a hipótese de que poden ser cinco veciños desaparecidos en Moaña en 1936.
  comenta   0
Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio, editado por Positivas, recolle as investigación do equipo arqueólóxico de Sputnik Labrego nos montes de Casaio, en Carballedo de Valdeorras, onde resistiron os últimos maquis organizados contra o franquismo.
As familias das vítimas galegas queren recibir do goberno español unha declaración de recoñecemento e reparación dos crimes de xenocidio cometidos en Galicia durante a ditadura franquista, na liña do documento presentado polas irmás do militante catalán Salvador Puig Antich (executado o 2 de marzo de 1974) ao ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, no que se recoñece vítima do franquismo e deixa por escrito que o xuízo e a condena foron ilexítimos e a súa condena foi nula.
  comenta   0
'Prefiro condenarme' é o novo filme de Margarita Ledo Andión, a historia dunha "adúltera" que é xulgada nun tribunal eclesiástico denunciada polo seu marido. A cineasta ofrece unha visión da vida afectiva-sexual durante a ditadura franquista. Tamén é unha historia de resistencia fronte aos modelos sociais e xudiciais establecidos por lei até non hai moito tempo co obxectivo de controlar o corpo feminino "como unha fábrica de corpos"
  comenta   1
O investigador Víctor Oia Francisco é autor do libro 'Pulso de Galicia', un percorrido sobre a vida da CNT na cidade de Vigo. Nestas páxinas ofrece unha visión ou re-visión do que foi o movemento anarcosindicalista na cidade olívica despois da guerra civil española e a súa nova xeira durante o franquismo. Sorprende a resistencia e a incidencia deste movemento na cidade olívica dentro dos sectores industriais a pesar da represión franquista.
  comenta   0
O GC visita da man de Sole, guía colaboradora da axencia Troulanda, o considerado por moitos como o cemiterio máis bonito de Galicia, para adentrarse na súa parte máis mística. Se queres coñecer máis historias, teñen unha visita guiada durante a Noite de Defuntos.
  comenta   0
A súa obra, "Tierra Arrasada", é un ensaio sobre a "necesaria resposta ao porqué da guerra e da violencia".
  comenta   0
Unha columna de ferro do artista Baldomero Moreiras, adornada con pombas e nomes das vítimas, será instalada como parte do 'Lugar de memoria' aprobado polo Bispado e Patrimonio.
  comenta   0
O sábado é o día de mercado en Ribeira. A vila convértese nun bule-bule de xente que ven dende as distintas parroquias: un ir e vir na praza do peixe, a xente entre os postos de roupa e de froita e verdura na feira; as compras para a semana nos supermercados, recados varios na mercería ou no zapateiro ou simplemente dar unha volta para ver o ambiente e tomar un café ou un viño.
  comenta   0
Familiares de vítimas lucenses do franquismo esixen participar na localización do memorial do cemiterio municipal e acusan de "segredo" á edil nacionalista de Participación.
"Temos unha débeda moral con todos estes homes e mulleres aos que lembramos hoxe porque grazas a eles hoxe podemos exercer calquera ideoloxía política con liberdade. Se non fóra por eles aínda estariamos neste país naquela 'Longa noite de pedra'", dixo o vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo e deputado de Memoria Histórica, Efrén Castro.
O monumento de Marcos Escudero situado no muro sur do primeiro recinto da fortaleza do Castro apareceu con esvásticas nazis.
En 1999 Jesús Pedreira foi apuñalado por un grupo de entre sete e dez adolescentes pola súa orientación sexual. Anos máis tarde, no 2010, Iago acabou co nariz e os dous brazos rotos por atoparse no lugar coa súa parella, onde o agrediu un grupo de entre 15 e 20 mozos.
  comenta   0
Publicado polo Parlamento de Galicia, supón o recoñecemento a unha persoa que "loitou para sacar adiante ese proxecto, pai da Galicia contemporánea", segundo subliñou a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.
  comenta   0
O PSdeG pídelle que "faga algo máis que dar trámite ás subvencións do Estado" vinculadas á Lei de Memoria Histórica.
  comenta   0
O xornalista e escritor ourensán Fernando Méndez analiza desde o punto de vista social e político un caso que deixou miles de mortos e cegos en Europa, América e África nos anos 60 e que o franquismo tentou tapar.
  comenta   0
Hai dous anos visitamos no seu domicilio ourensán ao doutor Carlos Guitián. Tiñamos mentes de facerlle unha entrevista. A súa saúde xa estaba quebrada e o resultado foi outro do previsto: apenas aproveitamos algunhas respostas, moi proveitosas, por certo, para aproximarmonos ao seu perfil biográfico.
  comenta   0
Os familiares acudirán ao consulado arxentino o vindeiro xoves, 2 de maio, e ás 16,00 horas reuniranse no centro Ágora da Coruña para explicar quen eran os seus familiares deportados
"Non entendo tanta impresión, claro que pode circular, sempre pode circular", dinos, tallante, Norberto, presidente do Club Nacional SEAT 1430, 124, 124 Sport. A DGT expón que a única limitación para circular por autoestrada ou autovía dos vehículos históricos dáse se "non acadan os 60 quilómetros por hora".
  comenta   0
Durante a construción do seu primeiro tramo entre Santiago e A Coruña foi usada de xeito intensivo como "un elemento de retención dos noiros (taludes)", segundo conta a Galicia Confidencial Benito García, presidente da asociación Galicia Ambiental, que nos detalla como foi a expansión desta planta "que non queren nin as cabras". Daquela non era oficialmente unha especie invasora.
  comenta   0
“A corrupción e a hipocrisía non deberían ser produtos inevitables da democracia, como sen dúbida o son hoxe.” (Mahatma Gandhi)
  comenta   0
Serían membros do acoirazad 'España', do que se prevé atopar os restos de ata 32 homes, do buque de transporte de guerra 'Contramaestre Casado' e a embarcación 'Dómine', do que esperan achar dez tripulantes.
  comenta   0
Cando se fala do asociacionismo cultural galeguista en tempos do franquismo hai que reparar obrigatoriamente na Asociación Cultural de Vigo. Unha entidade que foi senlleira nun tempo nas as homónimas – “O Galo”, en Santiago; “Auriense”,en Ourense, “Amigos da Cultura”, en Pontevedra e “O Facho” na Coruña- tiñan unha programación excesivamente culturalista, de baixa intensidade.
  comenta   0
Após as eleições do 18 de fevereiro de 2024, muita gente saiu ao publico para refletir sobre o fenómeno galego. Li, escutei e falei sobre as minhas opiniões com pessoal achegado ideologicamente e outros não tanto. A radio deu diversas opiniões de vários e varias polítologas /os tertulianas e outras vozes “opinatorias”. O maravilhoso crescimento do Bloque Nacionalista galego foi alvo de múltiplas interpretações. Segundo alguns pode ser resultado de votos emprestados do PSOE ( Eu não acredito) Outrem opina que é uma situação conjuntural, outros simplesmente ficaram expectantes.
  comenta   1
Durante este 2024 produciranse outras dúas pezas que informarán do proceso de institucionalización do teatro galego e da presenza da muller nas artes escénicas.
  comenta   0