O PSdeG pide declarar como lugar de memoria democrática o Campo de Aragón en Ourense

O obxectivo "é que se denuncien os feitos tan graves ocorridos durante a Guerra Civil e a ditadura e que se recoñeza a esas persoas na súa decisiva loita pola liberdade e a democracia en Ourense, Galicia e España".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/01/2025 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

A deputada do PSdeG pola provincia de Ourense no Congreso, Marga Martín, rexistrou unha proposición non de lei, para o seu debate na comisión constitucional, na que insta a declarar como lugar de memoria democrática o Campo de Aragón na cidade ourensá. Nela, solicita que se coloque unha placa nos edificios do complexo cultural de San Francisco no que se lembre "ás persoas que foron detidas ilegalmente, maltratadas e torturadas durante a ditadura franquista".

O obxectivo, apunta a deputada, "é que se denuncien os feitos tan graves ocorridos durante a Guerra Civil e a ditadura e que se recoñeza a esas persoas na súa decisiva loita pola liberdade e a democracia en Ourense, Galicia e España". A presentación da proposición de lei faise en base ao artigo 49 da Lei de Memoria Democrática, que, lembra a parlamentaria, "establece que un lugar de Memoria Democrática é aquel espazo, inmoble, paraxe ou patrimonio cultural, inmaterial ou intanxible no que se desenvolveron feitos de singular relevancia pola súa significación histórica, simbólica ou pola repercusión na memoria colectiva".

A deputada do PSdeG pola provincia de Ourense no Congreso, Marga Martín
A deputada do PSdeG pola provincia de Ourense no Congreso, Marga Martín | Fonte: PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta