Xabier Díaz, músico: "A tradición musical e oral non forma parte dun testamento, senón que é algo vivo"

Homenaxea ás 'cantareiras' protagonistas das Letras Galegas con 54 mostras recollidas ente 1989 e 2011

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2025 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

O músico e investigador da tradición galega Xabier Díaz presentou unha colección de 54 vídeos que recollen o patrimonio inmaterial das 'cantareiras' galegas, un traballo realizando entre os anos 1989 e 2011.

A iniciativa, que coincide coa dedicatoria das Letras Galegas 2025 ás 'cantareiras' e ao patrimonio oral transmitido de xeración en xeración, é unha homenaxe ao labor e á xenerosidade de todas as persoas que gardaron e compartiron a riqueza da música galega e o baile tradicional.

Nun comunicado, o artista explica que se unía a un grupo de compañeiros que dedicaban tempo de lecer a percorrer parroquias en busca de tradición oral e musical. "Foi moi impactante porque os que estabamos no folclore pensabamos que era unha sorte de testamento da tradición, e a miña sorpresa foi darme de conta de que non formaba parte dun testamento, senón que era algo que estaba vivo, que fluía e que estaba en permanente transformación, como segue estando a día de hoxe", sinala Xabier Díaz.

Así as cousas, o músico empezou a ter un contacto con ese mundo que lle fixo reflexionar sobre a tradición, a música, o baile e que o converteu nunha especie de aventureiro, "case un personaxe dunha novela de Xullo Verme" ao que lle van ocorrendo todo tipo de anécdotas e circunstancias.

O músico galego Xabier Díaz. CARLOS ABAL - Arquivo
O músico galego Xabier Díaz. CARLOS ABAL - Arquivo | Fonte: Europa Press

A GALICIA EXTERIOR

As gravacións realizáronse de forma extensa en toda Galicia, percorrendo o catro provincias, e tamén noutros territorios limítrofes como os Ancares Leoneses, Zamora ou Asturias. Visitaron parroquias e volveron a outras especialmente fértiles como Bergantiños, Montariz, Soutomaior, Os Ancaes ou o sur de Ourense.

Nun total de ao redor de 500 entrevistas atoparon persoas que lles indicaban novos nomes de 'cantadeiras', bailadoras e bailadores e músicos, alimentando así, de forma natural, unha rede de recoñecemento que excedeu ás propias fronteiras galegas. Os vídeos, que mostran diferentes manifestacións do folclore local, inclúen instrumentos característicos de cada zona: as tixolas en Ourense, as latas nas zonas de montaña, as 'pandeiras' nos Ancares ou os 'pandeiros' en Pontevedra e Soutomaior.

DÍAS DAS LETRAS

Xabier Díaz, que naquel momento era docente, explica que gravaban o material, clasificábano e ensinábano á xente que ía ás clases. "A publicación destas mostras son unha sorte de homenaxe, de celebración e de gratuidade polo que toda esa xente regalounos", explica Díaz.

O músico considera que este ano, no que se dedican as Letras Galegas ás 'cantareiras', resulta o momento ideal para presentar esta colección, feita con todo o agarimo e respecto, e que destaca o papel das mulleres na transmisión da tradición e musical ao longo das xeracións. Os vídeos serán difundidos nas redes sociais de Xabier Díaz cada venres ao longo de 2025, nunha acción que permitirá mostrar semana a semana o legado destas mulleres e pór en valor a súa contribución á cultura galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta