É bonito o amor á terra nai. O fenómeno social do trío Tanxugueiras trae a consideración optimista de que talvez hai máis xente do que se pensaba, aquí e en España, que en realidade non ten nada contra Galicia ou contra a lingua galega. O impulso que podía ser a ocasión de ver unha canción en galego no Festival de Eurovisión quedou truncado, pero as sensacións novas creadas por estas tres artistas son ilusionantes.