Falece Antonio Modia, fundador do primeiro tanatorio privado do Estado

Pompas Fúnebres da Coruña comezou a funcionar en 1974.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2022 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

Antonio Modia Rodríguez, histórico fundador e director de Pompas Fúnebres da Coruña, faleceu este domingo no Hospital HM Modelo da cidade herculina, con 94 anos. Modia será enterrado este luns 21 de marzo no cemiterio municipal de Lugo, onde o seu pai dirixiu unha axencia de seguros de decesos e unha das maiores fábricas de cadaleitos de Galicia. Está previsto que a comitiva fúnebre saia do tanatorio coruñés da Palloza ás 10,45 horas.

Desde a fundación de Pompas Fúnebres en 1974, xunto a Emilio Gundín, Manuel Varela e Julio Corral na céntrica praza da Palloza, a súa figura quedou ligada ao acompañamento nos momentos máis difíciles de todos os veciños que acudían ao que fose o primeiro tanatorio privado de España.

Ademais, a súa aposta pola innovación ao longo de toda a súa traxectoria fixera del un persoeiro moi recoñecido no sector funerario español e a Asociación nacional de servizos funerarios (Panasef) premiou a súa carreira profesional cunha emotiva homenaxe. Nun comunicado, a actual dirección de Pompas Fúnebres da Coruña agradeceu todo o agarimo recibido tras o falecemento do fundador e comprométese a continuar o seu legado, que como Antonio Modia sempre dicía, resúmese en que "as familias son o máis importante".

Antonio Modia, á esquerda
Antonio Modia, á esquerda | Fonte: Pompas Fúnebres A Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta