O deputado de Galicia en Común Antón Gómez-Reino recibe a alta ao dar negativo no test de COVID-19

Estaba en corentena desde o pasado 12 de marzo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2020 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

O deputado de Galicia en Común no Congreso Antón Gómez-Reino recibiu a alta médica tras dar negativo na proba do coronavirus, enfermidade que lle foi diagnosticada o 15 de marzo.

Gómez-Reino efectuou o anuncio a través dunha mensaxe publicada na súa conta de Twitter: "Tras 19 días desde o meu positivo en COVID-19 e cun test negativo, acaban de darme a alta médica. Quero enviar todo o agarimo para as que máis están a sufrir. Dar inmensas grazas ás profesionais da Sanidade Pública. E ánimo a todas. Somos unha sociedade forte. Sairemos xuntas".

O tamén secretario xeral de Podemos Galicia, que fora designado candidato á Presidencia da Xunta pola coalición Galicia En Común-Anova Mareas nas eleccións autonómicas que foron desconvocadas pola crise do coronavirus, garda corentena no seu domicilio desde o 12 de marzo, cando se confirmou o positivo da ministra de Igualdade e compañeira de partido Irene Montero.

O secretario xeral de Podemos en Galicia, Antón Gómez-Reino, pousa tras unha entrevista con Europa Press, na sede do partido en Santiago de Compostela
O secretario xeral de Podemos en Galicia, Antón Gómez-Reino, pousa tras unha entrevista con Europa Press, na sede do partido en Santiago de Compostela | Fonte: Galicia (España) a 23 de xaneiro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Este seica deu positivo no cona-virus !!! Nin dicir que tódolos test que están a facer agora... levan dúas semanas de RETRASO !