Morre unha muller atropelada mentres cruzaba un paso de peóns

A muller foi traballadora municipal en Fene.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2024 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

A muller de 67 anos atropelada na mañá do martes mentres cruzaba un paseo de peóns na avenida de Alxeciras do municipio veciño de Neda faleceu a consecuencia das graves feridas sufridas.

A causa do impacto, a muller chegou a entrar en parada cardiorrespiratoria, pero unha enfermeira que estaba na zona conseguiu reanimala e asistila, xunto a outras veciñas, ata a chegada da ambulancia, que a trasladou ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, onde faleceu horas máis tarde.

A muller fora traballadora do Concello de Fene, que publicou unha mensaxe nas súas redes sociais. "O goberno, a corporación municipal e os compañeiros e compañeiras queremos expresar o noso máis profundo pesar polo falecemento de Carmen Rodríguez Carballeira, traballadora deste Concello durante moitos anos", sinala a mensaxe.

"Tamén queremos trasladar todo o noso agarimo e apoio aos seus familiares e amigos nuns momentos tan difíciles. D.E.P.", finaliza a publicación.

Paso de peóns
Paso de peóns | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta