Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2023 | Actualizada ás 18:00
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, destacou este martes o traballo que, desde hai 40 anos, leva a cabo a entidade Ambar, de Ribeira, "en favor da plena inclusión das persoas con discapacidade e de apoio ás familias".
Segundo trasladou a Xunta nun comunicado, na súa visita aos centros de día e ocupacional desta asociación, García asegurou, en compañía do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, que a traxectoria desta entidade "fai dela unha referente en Galicia". Desta maneira, García fixo fincapé "na atención especializada e no agarimo co que todo o equipo de Ambar coida das persoas que acoden diariamente" ás súas instalacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.