Falece Nicolás Camino, a primeira voz que soou na Radio Galega

Faleceu aos 79 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2021 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

Nicolás Camino, primeira voz que soou na Radio Galega en 1985, faleceu aos 79 anos de idade, segundo informou a propia corporación este sábado. Deste xeito, Camino foi o primeiro xefe de Programas da Radio Galega e encargouse de deseñar a emisora no equipo fundacional xunto ao director, Xosé Luís Branco.

"Bos días, Galicia. Coa interpretación do noso Himno acaba de empezar as probas técnicas da Radio Televisión de Galicia, a nosa radio", foron as primeiras palabras que se escoitaron o 29 de marzo de 1985, nunha emisión que se realizou desde un piso da rúa Xeneral Pardiñas, en Santiago de Compostela.

Este sábado, os informativos da Radio Galega lembraron a figura de Nicolás Camino, quen "ao longo daqueles anos a súa voz fixo inconfundible e gañou o agarimo da audiencia con programas como 'Concerto popular' ou 'Así canta Galicia"

Nicolás Camiño
Nicolás Camiño | Fonte: CRTVG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta