Panxoliñas e cantos de Nadal, cando o solsticio de inverno dá comezo a un novo ano
O tempo do solsticio de inverno en Galicia marca o tempo dunha festa marcadamente agraria, na que as xentes do campo manifestaban a esperanza no regreso da luz, do sol, da calor, da vida; a esperanza na fecundidade da terra, na harmonía coa natureza. Vilancicos, panxoliñas, cantares de Nadal ou Reis, marcan o inicio desta nova etapa.