Por Europa Press / Redacción | VIGO | 26/12/2024 | Actualizada ás 14:08
O Goberno de España, a través do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable e do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, investirá 80.165.350,49 euros na recuperación e posta en valor de 93 monumentos do Patrimonio Histórico español, o que supón unha achega do 66,56 por cento do custo total das obras por parte do Executivo central. Do total, catro deles son en Galicia, aos que destina 4,9 millóns.
A resolución, que ten carácter de provisional, está condicionada á aprobación dos proxectos de execución e ás achegas financeiras comprometidas, unha vez aceptados terá carácter de definitiva.
No caso de Galicia a, o Goberno destina 273.386 euros á restauración da cuberta e rehabilitación integral do torreón dos Andrade, no municipio coruñés de Pontedeume. En Santiago de Compostela, inviste 1,84 millóns na restauración e rehabilitación integral da torre do Reloxo da catedral.
Así mesmo, en Caldas de Reis, para a restauración do parque xardín botánico e carballeira, destina 569.562 euros e, en Tui, 2,23 millóns para a actuación no conxunto catedralicio, proposta para arquivo histórico catedralicio e diocesano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.