Por Europa Press / Redacción | VIGO | 28/11/2024 | Actualizada ás 17:21
O grupo Histagra do Cispac da USC, que realiza traballos de exhumación na fosa de San Miguel de Cabreira, en Salvaterra de Miño, localizou os corpos de catro persoas. Segundo detallou a USC nun comunicado, polo momento, non pode extraer conclusións definitivas, pero os colectivos da Memoria do Morrazo achegan a hipótese de que poden ser cinco veciños desaparecidos en Moaña en 1936.
A historiadora do proxecto Conchi López explicou que os traballos na fosa foron "complicados" xa que o espazo ten unha estratigrafía complexa e un terreo que foi "parcialmente alterado". Na escavación atoparon "importantes niveis" de recheos ata chegar a localizar en enterramento de dous individuos, os cales exhumaron para poder analizar os restos e comprobar se son as "vítimas da violencia golpista de 1936".
Posteriormente, nunha segunda fase e xa chegando ao substrato natural, decidiron realizar unha ampliación na que apareceron indicios de dous enterramentos máis, nos que se atopan traballando actualmente. López puntualizou que buscaban o enterramento de cinco que foron inscritas no rexistro civil de defuncións como 'descoñecidas' o 19 de outubro de 1936.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.