Comezan as escavacións para recuperar os restos da guerrilla antifranquista en Casaio

O proxecto Sputnik Labrego escavará en diversos puntos da coñecida como "Cidade da Selva", un conxunto de campamentos da guerrilla antifranquista. O obxectivo: "arroxar luz sobre un período moi conflitivo e traumático da nosa historia recente".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/07/2018 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A Cidade da Selva é o nome con que os propios guerrilleiros bautizaron a un conxunto de campamentos na contorna dos montes de Casaio, e un dos puntos centrais de actuación da Federación de Guerrillas de León-Galicia: organización guerrilleira constituída nos anos 40 que agrupou guerrilleiros anarquistas, comunistas, e socialistas. Será este sábado 21 cando DBRS Ratingsdarán comezo estas escavacións. En Casaio, na Carballeda de Valdeorras, Ourense. Todo co obxectivo de recuperar e estudar os restos desta guerrilla antifranquista.

Escavacións arqueolóxicas en Casaio
Escavacións arqueolóxicas en Casaio | Fonte: Cedida

 

Concretamente, os traballos arqueolóxicos centraranse en dous destes campamentos, un deles dentro do coñecido Teixadal, un importante bosque de tejos centenarios incluído na Rede Natura 2000.

 

SACAR A LUZ

Esta campaña arqueolóxica, dirixida polos investigadores Carlos Tejerizo García (Incipit, CSIC)

e Alejandro Rodríguez Gutiérrez (Universidade de Santiago de Compostela), está autorizada e

financiada pola Xunta de Galicia, o Instituto de Ciencias do Patrimonio e a Comunidade de Montes de Casaio e Lardeira e atópase englobada dentro do proxecto Sputnik Labrego.

Con estes traballos preténdese, en palabras dos directores, "achegar información que poida arroxar luz sobre un período moi conflitivo e traumático da nosa historia recente. Tamén pretendemos recuperar unha memoria e historias que cremos esquecidas, que axuden a resaltar os valores democráticos e a dignidade dos protagonistas destas historias e das súas familias". Os traballos comezarán cunha charla introductoria sobre o proxecto o día 21 ás 20:00 en Casaio e estenderanse ata o día 30.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta