Un chío revive a polémica da estatua do Ché Guevara en Oleiros 12 anos despois

O PP da localidade volveu defender este mesmo ano a retirada do monumento.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A estatua do Ché de Oleiros, polémica selada en Galicia, volve reabrir o debate en RRSS. Así aconteceu estas xornadas despois de que un usuario mostrara a súa sorpresa ao atopar a efixie do político e guerrilleiro arxentino que se constituíu como un dos líderes da Revolución Cubana desenvolta entre 1953 e 1959. 

Estatua do Ché Guevara en Oleiros
Estatua do Ché Guevara en Oleiros | Fonte: Wikipedia

Como era de agardar, a estatua, inaugurada en 2008 polo alcalde independente Ángel García Seoane --máis colecido como 'Gelo'-- xerou unhas respostas encontradas nos tuiteiros que responderon á publicación orixinal. 

A polémica chega pouco despois de que o Partido Popular de Oleiros criticara o coñecido monumento, xunto co resto de homenaxes que o concello coruñés --que concentra as rendas máis altas de Galicia-- rende a diversos líderes vencellados ao movemento socialista, tales como Santiago Carrillo ou Allende. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta