O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou que o PP e o BNG "nunca" falaron " ben" da campaña do Nadal da cidade, e, no caso dos 'populares', repetiu que "non soportan" que sexa un éxito, "o éxito turístico máis importante de Galicia, moito máis que o Xacobeo, ao que a Xunta dedica centos de millóns".
Despois da polémica xurdida a raíz da emisión do documental de RTVE, o Galicia Confidencial fala cun dos firmes opositores á súa conclusión de que Cristóbal Colón tiña que ser un xudeu da zona do Mediterráneo español: o escritor Rodrigo Costoya, que leva anos defendendo a teoría do Colón galego. Esta é a súa opinión.
  comenta   0
En canto ao rexeitamento da Deputación da Coruña á proposta da Xunta de asumir o 70 % do investimento a partes iguais entre o Concello, o Consello Superior de Deportes (CSD) e o ente provincial, a alcaldesa apuntou a súa negativa a "entrar en ningún tipo de polémica máis".
O fenómeno dos "fodechinchos" ilustra un problema máis amplo de turismo descontrolado, que, ao aumentar a presión sobre as comunidades locais, xera tanto beneficios económicos como retos significativos para os residentes.
  comenta   0
Familiares de vítimas lucenses do franquismo esixen participar na localización do memorial do cemiterio municipal e acusan de "segredo" á edil nacionalista de Participación.
Malvinas reivindica as decisións tomadas ante a "significativa cantidade de información inexacta" publicada en redes sociais e medios de comunicación.
  comenta   0
A Asociación de Persoal de Servizos Xerais do Sergas (APSX) reclamou este mércores de novo a retirada do programa de Xestión Integral da Demanda en Equipo (XIDE), que supón, denuncian, "un risco para os pacientes".
  comenta   0
A Xunta é unha "administración amigable" para a industria e no seu novo mandato, o presidente en funcións, Alfonso Rueda, que volverá ser investido tras revalidar a maioría absoluta o 18F, prometeu que as empresas que queiran investir en Galicia seguirán tendo as portas abertas, aínda que con "estritos controis" ambientais e do cumprimento de "todo tipo de normativa" en vigor.
  comenta   0
Polémica no municipio pola elección do rexedor vigués, da mesma cor política que o alcalde, Anxo Arca.
A Consellería de Sanidade subliñou este martes que a información que demanda o BNG sobre a compra de máscaras durante a pandemia de Covid está incluída nun informe de fiscalización que fixo o Consello de Contas, e que o resultado desa fiscalización é que non houbo "tacha" nin "reparo" de legalidade, á vez que lamentou a "papeleta" dos nacionalistas, pretendendo "embarrar" para "desviar a atención" do caso Koldo, que afecta o Goberno central.
  comenta   0
En que punto nos deixa isto? É hora de tomar medidas legais como xa fixeron os actores de Hollywood? Chegou a IA a un punto que non imaxinábamos hai un ano, coa irrupción de Chat GPT nas nosas vidas? Cal é o seguinte paso? Robots humanos?
  comenta   0
A gala, celebrada na Coruña, arrincou con polémica pola renuncia dos seus presentadores ante a "negativa expresa a asinar un contrato" por parte da organización. A proposta galega 'Florespiña', de PAMP! e Ana Kiro, 'revivida' grazas á tecnoloxía, quedou terceira.
O ano pasado houbo polémica no Concello de Pontevedra pola demora no aceso da iluminación, que se retrasou ata o 16 de decembro. Este ano prevese para o 5.
  comenta   0
O árbitro di que non escoitou os comentarios e o CD Castro defende que a xogador que supostamente fixo eses comentarios.
Lores aínda non pon data ao aceso do Nadal pero, tras a polémica do ano pasado, sinala que agora "o prezo da enerxía baixou", polo que todo debe estar preparado para os días 5-6 de decembro. O ano pasado o tardío aceso tivo lugar o 16 de decembro.
  comenta   0
A dirección do centro explica que o texto leva vixente unha década e asegura que nunca se controlou a vestimenta do alumnado. A directora explica que se trataba de evitar que os nenos fosen ás clases en bañador, pola piscina que hai detrás do colexio.
  comenta   0
Faino tras unha grave polémica xurdida nas redes sociais na pasada semana entre autores e editores tal e como xa relatou Galicia Confidencial. Di que marcha ao non sentirse defendido polo presidente e conselleiro delegado, Antón Vidal. Denuncia que non se respecta a súa vida artística, persoal e política.
  comenta   1
Unha entrevista do escritor Alberto Ramos criticando o atraso dun contrato dunha obra publicada en Galaxia tras gañar o Premio Repsol desatou unha polémica nunca vista no mundo literario galego. Unha polémica alimentada por chíos e fíos en redes sociais na procura de adeptos. Galaxia non se pronuncia de xeito oficial e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Galega de Editores recoñecen dificultades no sector. Esta é a crónica da semana do maior "culebrón social media" literario-editorial de Galicia.
  comenta   1
O BNG xa pediu explicacións e o rexedor acusao aos nacionalistas de tentar politizar este feito sen coñecer a súa versión.
A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) denuncia á Xunta tras o seu constante apoio aos "usurpadores" de terreos de montes veciñais.
  comenta   0
O conflicto está na decisión da empresa A Ostreira de ampliar as súas instalacións en terreo público, cando dispón de terreos privados ao carón das súas instalacións.
  comenta   0
Fixa o número de xogos para Galicia: catro casinos e catro salas adicionais, 12 bingos, 118 salóns de xogo e 41 tendas de apostas, fixando unha duración de 15 anos para todas as autorizacións.
  comenta   0
A polémica multa a José Manuel Baltar, os audios descubertos a Jácome e os anuncios de Sánchez impóñenlle aos populares galegos unha axenda moi diferente á que tiñan prevista cando quedan só 18 días para as eleccións municipais.
  comenta   1
O Colexio de Xornalistas pide a retirada do artigo 5.7 do anteproxecto de Lei de loita integral contra os incendios forestais ao considerar que se limita o dereito de liberdade de información.
  comenta   0
Non é a primeira, nin será a última que o líder do PP quere distinguir entre "xente de ben" e outro tipo de xente. Unha frase que, curiosamente, utilizou varias veces sendo presidente da Xunta e que pasou case desapercibida. Unha "xente de ben" que ten "pedigrí" no PP e que, cando menos, patentou Manuel Fraga e seguen utilizando conselleiros da Xunta.
  comenta   1
A polémica dos trens a Cantabria está detrás da súa caída. Pardo de Vera recibiu críticas da Xunta polo atraso dos trens Avril
  comenta   0
A secretaria de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, Ángela Rodríguez, chamou na súa visita a Galicia a "non retroceder" nos dereitos deste colectivo, no medio da polémica polas súas palabras sobre a lei do 'só si é si'.
  comenta   0