Rueda celebra que polo "sentidiño" dos galegos a presenza de Alvise é "aínda menos que testemuñal"

Ante a última polémica do eurodeputado Luís 'Alvise' Pérez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2024 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, celebrou este luns que, se a presenza de Vox, "afortunadamente" en Galicia é "testemuñal" en vista dos sucesivos comicios, "dobre afortunadamente" a presenza de Luís 'Alvise' Pérez é "aínda menos que testemuñal".

"Alégrome de que os galegos teñan 'sentidiño'", esgrimiu o presidente galego, antes de aplaudir tamén que "algunhas aventuras políticas" provoquen que "se abran os ollos moito máis rápido mesmo do que eles pensaban".

Así o manifestou, a preguntas dos medios, ante a última polémica do eurodeputado Luís 'Alvise' Pérez, quen admitiu a semana pasada que aceptou cobrar 100.000 euros en efectivo, e sen factura, ao empresario Álvaro Romillo como "honorarios privados" para "poder ter máis aforros" e así "non enriquecerse coa súa actividade política" como líder de Se acabó la Fiesta (SALF).

Rueda comparece ante os medios tras o Consello.. Xunta de Galicia
Rueda comparece ante os medios tras o Consello.. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta