Temas: 061 GRUPO NORTE

Persoal de Grupo Norte asegura que a empresa "non garante" o cobro das nóminas e baralla convocar protestas

A empresa xestiona o centro de chamadas do 061.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2019 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

Persoal da empresa Grupo Norte, que xestiona o centro de chamadas do 061, decidirá este venres en asemblea se convoca mobilizacións, entre as que non descarta unha folga, despois de que a dirección da empresa "confirmase" ao comité que "non garante o pago das próximas nóminas".

Operadores do 061
Operadores do 061 | Fonte: UGT.

Segundo explicou a CIG, a compañía avanzou tamén a súa intención de "eliminar o plus de traslado", que se aplica en compensación polo cambio das instalacións de Santiago á Estrada e que se logrou tras "dúas convocatorias de folga".

"A dirección de Grupo Norte trasladou á representación sindical que non ten garantido o pago dos soldos de decembro, nin tampouco os dos próximos meses", asegurou a CIG, que denuncia que, ata agora, os traballadores "xa viñan recibindo os soldos con atraso, como sucedeu en novembro".

Os problemas, apuntan, "comezaron ao pouco de anunciar a empresa, no mes de xullo, a súa intención de non continuar co servizo", aínda que se mantén en prórroga mentres non haxa un novo concurso. Con todo, critican que puxese "enriba da mesa unha ameaza: se a Fundación Pública 061 non lle abonaba a débeda pendente, non estaría en disposición de afrontar o pago das nóminas de case un cento de traballadores".

Temas: 061 GRUPO NORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta