Os traballadores do 061 farán folga o día de Reis

Denuncian atrasos "inxustificados" no pago das súas nóminas por un problema entre Grupo Norte, empresa privada concesionaria do servizo, e a entidade pública Fundación 061.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/01/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Haberá folga o Día de Reis no 061, un servizo básico que se encarga de remitir os servizos de emerxencia en casos de urxencias. Durante a xornada deste venres, tanto a dirección do 061, como a concesionaria Grupo Norte confirmaron que a día 6 non van estar pagas a totalidade das nóminas dos operadores de emerxencias. Polo tanto, os traballadores anuncian que manterán a folga.

Traballadores do 065 reunidos coc parlamentarios
Traballadores do 065 reunidos coc parlamentarios | Fonte: BNG

Con todo, a Xunta xa impuxo uns servizos mínimos do 100%. O comité de empresa considerou este decreto "inxusto, lesivo e abusivo" e anuncian que o recorrerán ante a xustiza. Os traballadores alegan estar a pasar un "estrés inxustificado" por disputas entre Grupo Norte e o 061 en que eles, e os pontenciais usuarios do 061, son os principais prexudicados. "Moitos temos problemas para o pago de hipotecas e algún traballador divorciado podería mesmo perder a custodia dos fillos por insolvencia a pesar de facer o traballo co maior esmero e profesionalidade", critican as fontes consultadas por GC.

MESES DE ATRASOS

Este colectivo arrastra meses con atrasos nas nóminas e reunións con Grupo Norte. Con todo, para esta empresa, encargada de xestionar este servizo público, o pago das nóminas non é prioritario a pesar de que a Fundación 061 --servizo dependente da Xunta-- si que lle paga á concesionaria.

A empresa alega que está a pasar dificultades económicas aínda que desde o comité de empresa afirman que "só están a recibir estas comunicacións no servizo do 061". Así, salientan que teñen constnacia que o Grupo Norte estalle pagando "de xeito normal e puntual" ao resto dos traballadores do grupo.

XUNTANZAS COS GRUPOS DA OPOSICIÓN

Esta semana o comité de empresa reuniuse co BNG e Grupo Común da Esquerda . Agora agardan facelo con En Marea e co PSdeG. Nestas xuntanzas están denunciando as condicións precarias do servizo, que xa tiña previsto, segundo contrato público, un dimensionamento con máis traballadores desde verán pasado. Con todo, as baixas páganse durante os últimos 2 anos de maneira irregular e sen cumprir o convenio colectivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Rafael Xoán

Este si que é o verdadeiro boicot a galicia. Pechar paridoiros en hospitais que ti mesmo ergueches, prohibir dar materias en galego, non lle pagar aos profesionais das urxencias...