Anova pide "arrimar o ombreiro" entre partidos para "facer fronte" ao PPdeG nas eleccións galegas

Resume as políticas "baleiras" de Albertó Núñez Feijóo como "a colonización do privado sobre o público".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2020 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, pon a vista nas eleccións gslegas deste ano e aposta por "arrimar o ombreiro" entre os partidos políticos do Parlamento galego para "facer fronte" ao Partido Popular de Galicia.

O deputado Antón Sánchez
O deputado Antón Sánchez | Fonte: Europa Press

A quen se dirixe Sánchez con estas palabras nunha entrevista na Radio Nacional Española este domingo é "a todo o que está á esquerda do PSOE" (Podemos, Esquerda Unida, BNG e En Marea), con todo sabe que a alternativa ao PP que xurda da cita electoral "será plural" e veranse "obrigados a dialogar e a entenderse" tamén co PSdeG.

O contrario "sería irresponsable" pola súa banda, aclara. A pesar de todo, quere "disputar a hexemonía ao PP" nun contexto de "diversidade e pluralidade" cunha aposta por "alianzas o máis amplas posibles para ter unha potencia maior" que permita "levar a cabo as propostas" coa "vontade de sumar".

Esta candidatura común para as autonómicas de 2020 é pola que están a traballar diferentes representantes das forzas políticas galegas. Con todo, Sánchez lembra que igual de importante é "traballar no plano político" para ofrecer unha "alternativa republicana e rupturista" como a que Anova está "disposta a construír".

Ao ser preguntado pola súa posible candidatura a presidente da Xunta, o deputado de Grupo Común da Esquerda prioriza os "acordos políticos" e que despois "se poñan as persoas que se consideren mellores para presentar ese proxecto polo que traballan", explicou.

Así é como Antón Sánchez quere "facer fronte a este dez anos de destrución do público, incremento das desigualdades e redución das posibilidades vitais para a mocidade" que, ao seu xuízo, representa o Goberno de Feijóo.

PROXECTO DO PPdeG ESGOTADO

Definiu a Xunta de Alberto Núñez Feijóo como un "Goberno letal" que "agora está a colapsar" nos "diferentes sectores e políticas públicas", algo que ratifican os "informes do idioma, a sanidade, o medio ambiente ou os datos demográficos do interior" de Galicia.

Critica a "estabilidade" á que moitas veces alude o Goberno galego que se traduce, para Sánchez, en que Galicia "estea á cola de creación de emprego, da industria, de alternativas para o futuro ou que se pechen servizos públicos" como o paritorio de Verín.

Resume as políticas deste dez anos como "a colonización do privado sobre o público e a desestruturación total a nivel de país e a nivel territorial", un proxecto "esgotado" con "cada vez menos respostas por parte de Feijóo", quen "ten que incrementar a publicidade e a propaganda fronte ao baleiro" das súas medidas.

RELANZAR A IDEA DE UNIDADE

Nun exercicio de reflexión Antón Sánchez avaliou os cambios que sufriu Anova, como a ruptura con En Marea no Parlamento galego. Cualificou este asunto como algo negativo, pero considera que "o importante é relanzar esa idea e ese proxecto político que tan ben acollido foi por moita xente" no seu momento.

O intento de unidade popular e "discurso radical" tivo "unha resposta social enorme", pero finalmente "iso non se plasmou ben no discurso parlamentario". Co que quedou de todo iso "hai que tirar para adiante, analizar os erros, ter vontade de superalos" e permitir que a xente "poida participar directamente no proxecto e proceso" de relanzamento.

Ao mesmo tempo, o portavoz nacional de Anova sabe que é necesario recuperar a confianza das persoas a través de darlles unha "voz directa e unha ferramenta política para trasladar reivindicacións" e facéndoo "con total honestidade", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Gamela

recuperar a confianza das persoas cunha ferramenta política para trasladar reivindicacións? Estes deben pensar que somos PARVOS! Marea de Vigo tiña 3 e dous eran de ANOVA, agora teñen dous e unha é de ANOVA! En cinco anos non foron quen de denunciar o programa de televisión do Caudillo Local e din que queren recuperar a confianza da xente? Será que á sombra de EU (Rubén Pérez) se vive mellor? Será que é preferible compartir mesa cos que bloquean á cidadanía nada máis chegar ás Institucións? VERGOÑA debera darlle falar de Confianza! Non se fian nin eles entre eles e pensan que a xente é PARVA?

2 Alienao

Os listos da clase. Non vaia ser que queden sen cacho.

1 o hiperrrefrito!!!

coma arrimar o ombreiro... pero si nas pasadas eleccions frente a ameaza do facismo ista xente (57) dixeron ABSTENCION ante o avance do facismo, e todos lembramos coma xentes honradas, galegos honrados dixeron de votar o bloque... pero eles dixeron ABSTENCION... e agora din de arrimar o ombreiro.... eu creo que xa non os cren e podremios nin na marea nin no bloque nin en ningúres... o mellor que podía pasar e que desaparecieseis do mapa mundi... levaideos.... levaideos a todos que o demo os leve...

1 Gamela

Moi acertada esta crítica. Efectivamente cada vez que escoito falar a Oriana Méndez http://www.mareadevigonoconcello.ga... penso que estamos ante unha especie de política en prácticas (bolseira de EU) pero denunciar ao Cacique Local nin de coña... Claro que se o futuro pasa por pactar co PSOE xa sabemos por que están tan caladiños !

2 Roxalia

Hiperrefrito, Anova nunca pediu a abstención. Estás a mentir intencionadamente, como facedes sempre os trolls blocallos. Anova decidíu non se presentar para non dividir o voto de esquerda, algo que por certo, acabou por beneficiar ao BnG-CxG. A ver és quen de demostrar con probas as mentiras que dis, que os únicos que tedes que desaparecer sodes os trolls coma ti.