Temas: MúSICA SéS

'Espiña sen rosa', primeiro adianto do novo álbum de Sés

A cantante galega presenta o seu novo tema o 31 de xaneiro, do seu sétimo traballo discográfico 'Liberar as arterias'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2020 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

A cantante galega Sés presenta o vindeiro venres, día 31 de xaneiro, 'Espiña sen rosa', o primeiro adianto do seu sétimo traballo discográfico 'Liberar as arterias'.

A artista galega Sés presenta 'Espiña sen rosas', adianto do seu disco 'Liberar as arterias'. ALTAFONTE
A artista galega Sés presenta 'Espiña sen rosas', adianto do seu disco 'Liberar as arterias'. ALTAFONTE | Fonte: Europa Press

Neste single mestúrase o mellor de Sés con guitarras, baterías, pandeireta. "Un auténtico hit que ten como eixo a loita feminista, ánima a levantarse, a romper as mordazas, a ser una mesma", sinala a distribuidora Altafonte

'Liberar as arterias' é o seu sétimo traballo discográfico, co que segue evolucionando o seu particular son que a consagrou e no que se inclúe unha selección de cancións con letra e música composta pola propia cantante.

Temas: MúSICA SéS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta