Convocan unha xornada de folga en Extel contra os despedimentos por enfermidade

A CIG tamén provome unha concentración o mércores na Coruña para loitar contra o que entenden "un ERE encuberto".

Por E.P. | A CORUÑA | 03/02/2020 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

A CIG convocou o mércores unha xornada de folga de 24 horas no centro de Extel na Coruña "en resposta ao ataque iniciado pola empresa contra o dereito á saúde dos traballadores e das traballadoras", sinala nun comunicado.

Con motivo deste paro, a central convocou tamén unha concentración, ás 12 horas, diante das oficinas de Extel no Edificio Proa, en Matogrande.

No seu comunicado, a CIG afirma que seguirán mobilizándose ata que a empresa "ceda ou haxa unha sentenza xudicial" porque, engade, que non poden "consentir" que haxa despedimentos de traballadores "por estar enfermas e enfermos e que non se validen agora, por unha decisión unilateral, os xustificantes médicos que si serviron durante máis de 20 anos"

Ademais, argumenta que "á marxe do prexuízo económico que implica que agora o persoal se vexa obrigado a coller unha baixa aínda que sexa dun só día, o máis grave é que a empresa pretenda empregar esta estratexia para xustificar despedimentos en base a un suposto absentismo, acolléndose ao artigo 52d do Estatuto dos Traballadores".

Para a CIG, o obxectivo da empresa "non é outro que aplicar un ERE encuberto a un baixo custo, aproveitando que a reforma laboral do PP facilitou os despedimentos obxectivos por baixas laborais de curta duración".

Concentración de persoal de Extel
Concentración de persoal de Extel | Fonte: CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta