Un proxecto da USC busca mellorar o tratamento de enfermidades neurodexenerativas

Vén impusado por María José Alonso, un referente mundial no ámbito da nanotecnoloxía farmacéutica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2020 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

Un proxecto impulsado pola catedrática do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC María José Alonso, considerada a investigadora máis influente de España, busca mellorar o tratamento de enfermidades neurodexeneratiavas e autoinmunes a través dunha emulsión de nanocápsulas de compostos bioactivos integrables en diferentes alimentos.

Este proxecto, denominado 'Smart Vitamins', foi seleccionado para participar na segunda convocatoria de incubación da aceleradora da industria agroalimentaria 'Business Factory Food' (BFFood), segundo informa a Consellería de Economía.

Este mércores, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con María José Alonso, un referente mundial no ámbito da nanotecnoloxía farmacéutica e que lidera o proxecto Oncometa, centrado no tratamento do cancro metastático e apoiado a través do programa Ignicia.

O conselleiro destacou a biotecnoloxía como "un dos alicerces da economía galega" e que contribúe "á diferenciación do tecido industrial".

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, coa investigadora María José Alonso. XUNTA
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, coa investigadora María José Alonso. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta