Por E.P. | A CORUÑA | 17/02/2020 | Actualizada ás 13:50
A CIG desconvocou a folga convocada no centro de Extel na Coruña para o 4 de marzo tras un acordo coa empresa sobre as baixas médicas, segundo informa a central sindical.
Nun comunicado, resalta que, "tras un intenso calendario de mobilizacións nos últimos meses", iniciáronse as negociacións coa empresa. Nelas, finalmente, acordouse, por parte da mesma, "reinstaurar o uso das horas médicas, os xustificantes e os partes de repouso". "Tal e como se facía antes do cambio de criterio aplicado de maneira unilateral en novembro", explica a CIG.
A central remarca tamén que "con este acordo e ante o anuncio da inminente derrogación do artigo do Estatuto dos Traballadores, que facilita os despedimentos por baixas de curta duración", decidiu desconvocar a folga de 24 horas prevista para o 4 de marzo.
No entanto, e a pesar do acordo, afirma que estará "vixiante" para que a empresa "cumpra co acordado respecto, respecte os dereitos laborais e salariais e non tente aplicar novos recortes".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.