Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2020 | Actualizada ás 17:21
O catedrático Ángel Carracedo foi investido este luns 'doutor honoris causa' pola Universidade de Minho polo seu papel como "personalidade esencial da sociedade científica", nunha cerimonia celebrada nas instalacións da institución portuguesa.
A universidade destaca o impacto do seu traballo nos campos da xenética forense, clínica e de poboacións, ademais da aplicación dos seus estudos cara á sociedade no ámbito da farmacoxenética, ou o seu impulso na alfabetización científica e na difusión dos valores científicos e humanos.
"Un home humilde, ADN da nosa terra, testemuña do noso minifundio xenético, que está no alto da ciencia, pero vive na base da sociedade", trasladou o neuropsicólogo Öscar GonÇalves no acto de distinción, ademais de situalo "na antesala do Nóbel".
Carracedo, pola súa banda, agradeceu o nomeamento e incidiu no seu discurso da importancia da diversidade e a necesidade da educación en valores, desde o punto de vista da xenética.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.