Por E.P. | A CORUÑA | 17/02/2020 | Actualizada ás 17:42
A Sección Sindical da CIG do persoal funcionario da Xunta de Galicia na provincia da Coruña solicitou ao delegado territorial da Administración autonómica, Ovidio Rodeiro, que se proceda a facer medicións das concentracións de gas radon en todos os centros de traballo públicos dependentes desa delegación.
Desde a central sindical solicítase que estas medicións comecen "con urxencia" naqueles lugares de traballo que teñen algún espazo "soterrado ou semi soterrado por ser os máis expostos".
Entre eles, cita o edificio administrativo Monelos; as oficinas de emprego da Coruña, Santiago, Ferrol e Carballo; os edificios xudiciais da Coruña; o Arquivo do Reino de Galicia ou os laboratorios de Medio Ambiente. Tamén se solicitan medicións para o antigo edificio de Sanidade na Coruña.
CIG-Administración reclama, ademais, "o cumprimento da lexislación de protección de riscos laborais para garantir a seguridade das persoas traballadoras, facendo as medicións en todos os centros de traballo que permitan avaliar o nivel de exposición a que se achan sometidas", sinala nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.