A conselleira de Política Social exemplifica as medidas de concialicación e demografía galegas en Madrid

Informou da posta en marcha de casas tanto do maior dos concellos coma dos máis pequenos para que as familias que residen nestes territorios conten con recursos de conciliación para a atención á infancia e ás persoas maiores. Aludiu á gratuidade, a partir do próximo 1 de abril, das escolas infantís públicas autonómicas, de iniciativa social e privadas para as familias con segundos fillos e sucesivos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2020 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, expuxo este mércores en Madrid as medidas impulsadas pola Xunta en materia de conciliación e demografía. Fíxoo durante a súa intervención na xornada sobre o reto demográfico organizada por Save the Children e que compartiu con Vesna Loncaric, representante da Vicepresidencia de Demografía e Democracia da Comisión Europea; e co secretario de Estado de Dereitos Sociais, Ignacio Álvarez Peralta.

A conselleira referiuse a aprobación no Consello da Xunta da primeira Lei de impulso demográfico de España, que quedou pendente da aprobación do Parlamento galego, disolto ao convocar Alberto Núñez Feijóo as eleccións para o 5 de abril.

Tamén informou da posta en marcha de casas tanto do maior dos concellos coma dos máis pequenos para que as familias que residen nestes territorios conten con recursos de conciliación para a atención á infancia e ás persoas maiores. Aludiu á gratuidade, a partir do próximo 1 de abril, das escolas infantís públicas autonómicas, de iniciativa social e privadas para as familias con segundos fillos e sucesivos.

García defendeu tamén a necesidade de impulsar definitivamente a Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico, para que "axude a unificar criterios" entre as diferentes administracións públicas e coordinar as diferentes actuacións que se están pondo en marcha.

A conselleira de Política Social, Fabiola García. XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta