Culmina tramitación para declarar o Parque do Pasatempo de Betanzos como Ben de Interese Cultural (BIC)

O DOG publica o decreto da declaración, aprobada no Consello da Xunta a comezos de febreiro

Por E.P. | Betanzos | 20/02/2020 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

A declaración do Parque do Pasatempo, situado en Betanzos, como ben de interese cultural (BIC) culminou a súa tramitación formal coa publicación este xoves do decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG). Este decreto foi aprobado polo Consello da Xunta na súa reunión do pasado 6 de febreiro. Inclúe, como aspecto innovador, o desenvolvemento dun proxecto ou plan de conservación do xardín histórico que estableza os criterios para a súa futura conservación, mantemento, restauración, interpretación e difusión.

O elemento principal delimitado é o propio parque, exemplo do eclecticismo en Galicia, pero tamén inclúe outros compoñentes singulares como son a estatua da Caridade, a fonte do Catro Estaciones e os restos do antigo muro do peche. En conxunto, acreditan o seu valor cultural e singularidade tipológica. A declaración inclúese no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e comunicarase ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural da Administración Xeral do Estado.

ALEGACIÓNS RECOLLIDAS

Durante a tramitación do expediente, desde a Administración autonómica, procurouse harmonizar "un alto grao de consenso social con salvagarda patrimonial". En concreto, recibíronse un total de 15 alegacións das que 14 delas estimáronse total ou parcialmente, o que supón unha aceptación superior o 93 por cento.

Así mesmo, foron solicitados os preceptivos informes de dous órganos consultivos: a Real Academia de Belas Artes e o Consello da Cultura Galega. Ambas as institucións emitiron os devanditos informes en sentido favorable á declaración.

CONTROL DE ACCESO

O decreto establece, segundo sinala a Xunta, que "o uso de espazo libre e público para o que foi concibido" o Parque do Pasatempo "é o máis adecuado". Aínda así, se tomarán medidas para controlar o acceso para "preservar a súa integridade e mensaxe cultural" dada a súa extensión e a fraxilidade.

Deste xeito, os percorridos e accesos do parque serán delimitados e a concesión doutros usos no recinto deberá ser compatible coa conservación dos elementos, ademais de adaptarse ás características e interpretación de complexo..

O parque Pasatempo en Betanzos. Recuperado de 'Galicia pueblo a pueblo'
O parque Pasatempo en Betanzos. Recuperado de 'Galicia pueblo a pueblo'

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta