Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2020 | Actualizada ás 18:45
A Consellería de Educación sorteou este mércores as letras dos apelidos das familias que terán prioridade en caso de empate de puntos para unha mesma praza en centros escolares o curso 2020-2021. No primeiro apelido son: 'T' (primeira letra) e 'G' (segunda letra). No segundo apelido son: 'E' (primeira letra) e 'X' (segunda letra).
A partir do 1 de marzo, domingo, ábrese o prazo de admisión de forma telemática --será desde o día 2 de forma presencial-- para o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como para os que desexen cambiar de centro escolar en Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato. O prazo termina o 20 de marzo.
Así mesmo, Educación pon a disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación 'admisionalumnado' (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marcar os criterios de baremos a valorar, e poidan presentala de forma presencial ou por vía electrónica.
As familias poderán consultar o estado de tramitación de solicitude nas distintas fases de procedemento co uso do código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.