A Xunta adxudica a organización das eleccións a unha empresa investigada por financiar irregularmente ao PP

O xuíz da Púnica consideraba a esta empresa tecnolóxica "parte singular no concerto urdido por dirixentes do PP de Madrid para utilizar as arcas públicas como fonte de ingresos do partido". Indra recibirá da Xunta case un millón de euros.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2020 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

O Goberno galego adxudicou pola vía de urxencia o dispositivo das eleccións galegas do próximo 5 de abril. E a empresa seleccionada é Indra que percibirá, en total, case un millón de euros. Unha compañía que, curiosamente, xa foi investigada dentro da Operación Púnica por presunto financiamento ilegal do Partido Popular.

Proceso de votación
Proceso de votación | Fonte: EP

Así, Indra será a encargada da organización, xestión, coordinación, supervisión e control da xornada electoral foi Indra, por un importe de 867.769 euros máis IVE. Tamén se ocupará da formación do persoal encargado da transmisión dos datos de participación; recollida, reconto, procesamiento e seguimento da participación electoral e difusión dos votos, así como dos datos de reconto na xornada electoral. A planificación do proceso electoral e tarefas como o sitio web das eleccións foi adxudicado a Contactnova por 313.897 euros máis IVE.

OPERACIÓN PÚNICA

Esta empresa xa foi investigada durante a Operación Púnica. De feito, o representante legal de  Indra, Joaquín de Fuentes  Bardají, admitiu ante o xuíz do caso, Manuel García Castelló, que as facturas que pagou a unha empresa que traballou para o PP de Madrid en campañas electorais non se corresponden con traballos efectivamente realizados.  Bardají estimou o importe destas facturas falsas en 1,1 millón de euros.

Durante a súa declaración ante o xuíz, este alto cargo da empresa deu explicacións sobre as sospeitas de que Indra financiou a campaña electoral de 2011 da expresidenta madrileña Esperanza Aguirre a través dunha serie de pagos á empresa Swat de estratexia electoral camuflados en contratos de labores que non se fixeron.

Principais investigados na Operación Púnica
Principais investigados na Operación Púnica | Fonte: laburbuja.es

Segundo as investigacións da Garda Civil,  Swat non cobrou por eses traballos do partido, senón de Indra, que os abonou mediante unha empresa interposta ( Formaselect) en 2012 baixo o pretexto duns contratos de formación interna.

"PARTE SINGULAR DO ENTRAMADO"

Nos informes da Garda Civil consta que na época en que Javier Monzón foi presidente de  Indra esta compañía pagou a Swat traballos realizados ao PP da Comunidad de Madrid, "facturas  espurias ás empresas do armazón" da Púnica. Os axentes fan referencia a sumas que rozan os 600.000 euros e que serviron para financiar a campaña electoral de Aguirre en 2011. O xuíz, no auto de imputación, sostén que a compañía se converteu "na caixa  pagadora de servizos electorais prestados  encubiertamente" ao partido, das súas débedas ou as dos seus dirixentes.

O xuíz, no auto imputando a  Indra e os seus  exdirectivos, consideraba á empresa tecnolóxica "parte singular no concerto  urdido por dirixentes do PP de Madrid para utilizar as arcas públicas" da empresa pública madrileña  ICM "como fonte de ingresos do partido". Apuntaba que  Indra, "coa participación activa" de varios directivos, converteuse "na caixa  pagadora de servizos electorais prestados  encubiertamente" ao partido, das súas débedas ou as dos seus dirixentes.

 

INVESTIGACIÓN INTERNA E DEPURACIÓNS

Na súa declaración ante o xuíz o pasado ano, o representante Lega de Indra, de Fuente Bardají, sostivo que "tras saber polos medios de comunicación" da imputación do exdirectivo de  Indra Santiago  Roura, o comité de control da empresa empezou a investigar e desas pescudas e se elaboraron dous informes.

Neses informes, dos que  Indra xa deu conta ao xuíz nun escrito, concluíuse que a empresa non pode demostrar que as facturas de  Swat e  Formaselect se correspondan a traballos realizados.

Indra dixo que en 2015 auspiciou un proceso de depuración de responsabilidades pola investigación do caso Púnica, no que xa estaba inmerso Roura, que foi despedido. Coincidiu ademais coa saída do entón presidente de Indra, Javier Monzón, que actualmente preside o consello de administración do Grupo Prisa.

Tamén Monzón tivo que declarar no xuízo da Púnica e na súa comparecencia desvinculouse dos supostos pagos de  Indra ao PP, argumentado que el se encargaba da estratexia global da compañía, non dese tipo de contratos. Tras a saída de  Roura e Monzón, lembrou De Fuentes, elaboráronse protocolos de " compliance" ou cumprimento normativo en  Indra, así como un código ético, e estableceuse un comité de control.

PROCESO ELECTORAL GALEGO

Por outra banda, a impresión, planificación, organización e posta en marcha das papeletas electorais, sobres de votación e documentación electoral, así como os documentos necesarios para o voto accesible das persoas invidentes, correrá a cargo da Axencia Gráfica Galega S.L., por un importe de 671.892 máis IVE.

A Xunta anunciou a finais de decembro de 2019 a activación do proceso ordinario para organizar as eleccións galegas. En total, a Vicepresidencia da Xunta impulsou tres contratacións que sumaban un importe que roldaba os 3 millóns de euros, pero finalmente, tras o adianto electoral ao 5 de abril, a Xunta recorreu ao procedemento de urxencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta