Familiares de usuarios da residencia de Ribadumia acusan á Xunta de mentir sobre o caso de sarna

Consideran que a mala praxe da empresa DomusVi, propietaria da Residencia para maiores de Ribadumia, é a causante dos brotes de sarna detectados nesta residencia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/03/2020 | Actualizada ás 21:31

Comparte esta noticia

A Federación REDE, que engloba asociacións de familiares de usuarios de residencias e dependencia, denuncian que as informacións sobre o ataque de sarna na residencia de maiores en Ribadumia, non son certas. Fontes de REDE establecen en catro os casos de sarna e variola entre os usuarios da residencia DomusVi en Ribadumia, ademais de dúas traballadoras do centro.

Sarna
Sarna | Fonte: Wikimedia.

Pola súa parte, desde o gabinete de prensa de DomusVi, apuntan que os casos se produciron xa o pasado 2 de marzo. Nese momento comunicouse á Consellería de Sanidade o acontecido, polo que se seguiron os pasos protocolizados de aillar as persoas afectadas e subministración de medicación contra a sarna. Desde DomusVi aseguran que nestes momentos só hai unha persoa illada.

Sobre o caso de varicela, DomusVi declara que non está relacionado co brote de sarna, senón que as dúas infeccións se deron no tempo paralelamente. Sobre este tema, a empresa declara que a persoa afectada está aillada de maneira preventiva.

Por outra banda, a Federación REDE anuciaba en redes sociais que DomusVi restrinxía a partir de mañá as visitas aos seus centros por causa do coronavirus. A mesma empresa declaraba que só seguen as recomendacións preventivas da Consellería de Sanidade para evitar o contaxio.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta