Por Galicia Confidencial | España | 18/03/2020 | Actualizada ás 09:45
A visualización dos datos sobre o coronavirus COVID-19 en gráficos e mapas está axudando a científicos a comprender mellor a evolución da pandemia, pero tamén á poboación en xeral, que pode obter dunha ollada unha idea do que está acontecendo.
O matemático da Universitat de Barcelona Bernat Espigulé visualizou neste mapa de España a porcentaxe de poboación que se estima que se contaxiou até agora por contacto local con este novo virus. A concentración de puntos indica a maior densidade de contaxios locais e as cores vermelllas, alaranxas, amarelas e verdes, onde maior porcentaxe se dá, entre o 3,5 e o 0,1 %.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.