O CIS dálle unha suba de catro puntos ao PSOE

Caen un punto o PP e Vox e Unidas Podemos e o BNG soben unha décima.

Por Galicia Confidencial | | 25/03/2020 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

O CIS acaba de sacar o seu barómetro sobre estimación de voto. Neste caso, o PSOE sobe catro puntos con respecto ás eleccións xerais do pasado ano e se coloca co 32% da estimación de votos, 12 puntos máis que o PP, que está a menos do 20%.

Barómetro de estimación de voto do CIS d emarzo. EPDATA
Barómetro de estimación de voto do CIS d emarzo. EPDATA

Vox sería a terceira forza, con 14,8%, un punto menos que nos comicios e Unidas Podemos se mantén co 13% dos votos. Ciudadanos subiría unhas décimas, para e quedaría co 7,2%. Tamén baixarían as forzas independentistas catalanas ERC e Junts per Catalunya, mentres que suben as vascas EH-Bildu e o PNV, e unha décima, o BNG, ata o 0,6%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta